27.10.17

RECURSOS EDUCATIVOS E MÚSICA PARA O SAMAÍN 2017

http://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/medo/medo.html

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html

PROTECCIÓN CIVIL

Os responsables de Protección Civil do Concello, viñeron a 1º a recordarnos moitas cousas que xa sabíamos de infantil e outras novas. Aprendemos a facer unha masaxe de reanimación cos nosos peluches e como evacuar o colexio se hai lume. Tamén a lembrar sempre o número 112 para as emerxencias. Foi moi interesante. Grazas!!!




25.10.17

AS MALETAS DE GÜINO 2017

Hoxe, 24  de outubro, é o Día da Biblioteca e  para festexar esta data tan importante, Güino mandounos as súas famosas "MALETAS DE GÜINO".
O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegounos ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
As maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre os niveis.
Feliz día e lembrade: LER É CRECER!!!



1º A

1º B



19.10.17

LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S









Hoxe deu comezo no cole a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S que organiza cada ano, desde outubro de 2009, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) en colaboración coa Biblioteca e as Titorías de 5º/6º e 1º de Primaria e Infantil.
As alumnas e alumnos de 5º e 6º, se achegaron a ler contos en galego, e farano todos os xoves, a partires de agora, coincidindo coa hora de lectura, co gallo de dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e os maiores do noso colexio. 
De seguido podedes ver o entusiasmo d@s de 1º









18.10.17

ILLA FANTASÍA



 Estes días foron incribles, xa que recebemos unha carta e un mapa de Illa Fantasía que nos emocionaron moitísimo. Non podiamos crer que o bufo chegara onda nós para facer aquela entrega tan especial. Por se fose pouco, hoxe Güido, entregounos na biblioteca unha botella cunha mensaxe moi misteriosa cunhas bandeiras que non coñecemos. Xa estamos impacientes de atopar o significado de todo isto.

















Os representantes de 1ºB foron Hugo e Leyre e de 1ºA Iago.
Agora hai que buscar a pista das bandeiras e di que escoitemos. Que será???

12.10.17

RECURSOS EDUCATIVOS 1º: PEQUETIC E FÍODOR O GATO


Estes xogos van che encantar. Aproveita e aprende xogando

 PEQUETIC
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/fiodor/actividades/archivos/index.html
 
                                         Preme nas imaxes



8.10.17

MOCHILAS VIAXEIRAS 2017



As Mochilas Viaxeiras chegan a 1º e comezan a súa andadura neste curso 2017-2018 con libros marabillosos que podemos ler na casa. Aquí vos deixamos a selección que levamos nas mochilas. Por certo, non esquezades que a mochila temos que compartila, así que podedes tela unha semana e antes de entregala, comentades no caderno o libro que máis vos gustou.

Santiago de 1ºA e Sergio de 1º B foron os nosos representantes na entrega que se fixo na biblioteca.

Encántanos ler!!!!


                                                1ºB                                                   




                                    1ºA