27.12.17

ALMANAQUE DE PETO 2018

Este ano Hugo Calvo de 1ºA, foi o elixido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), como representante de 1º para ilustrar un dos oito almanaques de petos eleccionados para o 2018,  co seu tema O MAR LIMPO 
Aquí vos deixo os debuxos dos oito seleccionados e tamén d@s finalistas.
O esforzo e a participación son o máis importante, así que PARABÉNS para tod@s!!!

 SELECCIONAD@S PARA O ALMANAQUE DE PETO



PREME NA IMAXE



FINALISTAS




BO NADAL RECURSOS EDUCATIVOS LIM


Preme na imaxe

23.12.17

NADAL 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

 E para rematar, aquí vos deixamos o baile que fixemos no Festival de Nadal e os debuxos dos peixes da canción. O esforzo das nenas e nenos de 1º de Primaria foi moi importante, pois teñen 6 anos e fixeron un traballo correspondente a 2º. Parabéns a todos a todas e BO NADAL !!!! 




A FESTA 

Houbo momentos para todo e tamén para gozar cos compañeiros e compañeiras das cousas ricas que trouxeron e que compartiron. Bailaron, xogaron e saudaron aos amigos e amigas e ata aos familiares de outras clases. Xa ulía polo colexio a Nadal.




A NOSA CARTA DE DESEXOS 

Xa entregamos a nosa Carta de Desexos aos Paxes e pedimos agasallos para nós e para as nosas familias. Non nos esquecinmos de pedir tamén solidariedade para o mundo e Paz para os países en guerra. Xa me tardan estes Magos!!!