26.12.18

SYMBALOOS PARA AS VACACIÓNS DE NADAL 2018


Boas vacacións e nos vemos o 8 de xaneiro do 2019. Ata pronto!!!



https://www.symbaloo.com/mix/miclasedesegundo

https://www.symbaloo.com/mix/recursoslengua

BO PROVEITO: AS NOSAS VACAS DE NADAL

Continuamos debuxando ao noso animal do curso: A Vaca e nesta ocasión traballámolas con motivos do Nadal. Non están xeniais? Estas vannos acompañar ata o entroido. Con todas elas faremos os nosos libros de Bo Proveito.






FICHAS PARA IMPRIMIR. NADAL 2018


Para estes días de vacacións, déixovos unhas fichas divertidas. Pasádeo ben!!!
















LEO E MARA GAÑAN O CONCURSO DOS ALMANAQUES DE PETO 2018

A iniciativa Almanaques de Peto 2019, que está integrada no proxecto O GALEGO NAS NOSAS MANS, este ano presentou o tema BO PROVEITO e os debuxos estiveron inspirados na alimentación saudable, destacando o importante que é comer ben.
De todos eses fantásticos traballos,  o EDLG elixiu 14 representantes de todo o colexio entre os que se encontraban Leo e Mara  de 2º e aos que lles damos os nosos parabéns, 
O importante foi o  voso interese por participar. O vindeiro ano haberá novas oportunidades, así que animádevos a seguir traballando. 
Premede na imaxe e podedes ver máis no blog A Casqueira



                                                                                  Leo López Feal 2ºA EP                                                                                 


                                                                              Mara Amenedo González 2ºB EP                                                                     

20.12.18

FESTIVAL DE NADAL 2018


Hoxe e onte foron días de grandes emocións e moitos nervios, porque actuamos para todo o colexio e para as familias, pois había que presentar o traballo que vimos facendo dende hai un mes. 
A coordinación dun grupo tan grande non é doado, pero traballando en equipo e divertíndonos co que estamos facendo, se conseguen actuacións tan fantásticas como a que fixeron esta mañá os nosos nenos e nenas.
A música alegre da Cantiga do Apalpador, e a divertida vestimenta, xunto co baile tan ben interpretado, foi todo un éxito.
Grazas familias polo voso apoio, porque tamén nós, titores, nais e pais, traballando en equipo, facemos posible uns resultados que xa quedarán para sempre nos recordos de tod@s.












O Festival de Nadal foi todo un espectáculo con actuacións de moito nivel, onde a participación de todo o colexio foi moi destacada. Aquí vos deixo unha mostra neste symbaloo, onde podedes ver todas as representacións.
Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!!!





No Blog A Casqueira, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), presentamos un interesante documento sobre o Apalpador con música, recursos educativos e a historia deste personaxe ao que adicamos a actuación do Nadal deste ano.
Premede na imaxe e veredes!!!

https://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2018/12/nadal-2018-o-apalpador.html


19.12.18

ILLA FANTASÍA: RETO FACER UN TIPI. CONSEGUIDO!!!


Despois de moito esforzo facendo e decorando os nosos tipis, conseguimos rematalos, tal e como nos solicitou a Gran Xefa e xa vedes o ben que nos quedaron. Non faltaron os xestos de indios e indias Lakota para presentalos na foto. Esperamos que vos gusten!!!





15.12.18

ILLA FANTASÍA: A VISITA DA GRAN XEFA INDIA TATANKA SKÁ

Estes días andamos a traballar nos retos de Illa Fantasía para os vindeiros meses, porque queremos conseguir moitas plumas, así que decoramos os nosos tipis, pintando as sabas que recollemos. Quedaron marabillosos e pronto volos ensinaremos. Tamén estamos a facer tipis pequenos en cartolina para unha exposición. Pero o máis importante e que veu de sorpresa a Gran Xefa India Tatanka Ská, deixándonos abraiad@s cos seus cánticos lakotas e a súa vestimenta cun manto de pele de Bisonte Branco e o seu tocado de plumas de cores. 
Bailamos a canción de " La Tribu del Corazón" e dixemos os nosos nomes lakotas cos xestos indios.
Tatanka mostrounos fotografías da súa familia e do seu Lunicornio e marchou ata a próxima visita deixando unha marabillosa mensaxe: PAZ E AMOR

Ata pronto Tatanka!!!

















Este é o Lunicornio de Tatanka, que se forma coa mestura dun cabalo mustang e un unicornio.


E aquí o seu pai e a súa nai.