24.2.18

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

https://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/2018/02/celebrando-o-dia-de-rosalia.html
Preme na imaxe

 Hoxe 24 de febreiro, é o Día de Rosalía, nunha xornada na que se cumpre o 181 aniversario do seu nacemento. 
No Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publícase unha entrada sobre este importante acontecemento para toda Galicia . Podedes velo premendo na imaxe. 
Feliz Día de Rosalía!!!

22.2.18

SEGUIR O NOSO BLOG

Estimadas familias, grazas por ver o noso blog e convertelo nun complemento de traballo para as vosas fillas e fillos. Nel podedes atopar moitos recursos educativos que reforzan o que aprenden no colexio e as actividades que facemos.
Animámosvos a que vos fagades seguidores de "Primeiros Pasos". Podedes apuntarvos premendo a pestana que di SEGUIDORES e que aparece na columna esquerda, debaixo do CONTADOR DE VISITANTES. É necesario que teñades unha conta de correo electrónico.
O voso apoio é moi importante para nós. Saúdos.




RESTAS SEN LEVAR

http://www.crienaturavila.com/crie_httpdocs/mate/resta03.html
No tema 8 de MAT aprendimos a restar e agora tes que practicar. Non te desanimes que podes facelo moi ben!!!

SUMAS COS DADOS

http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=dados

BOMOMO

http://bomomo.com/

O ÁBACO

http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.cat/projects/l_abaces/jclic/l_abaces.jclic.zip&lang=es&title=L%27%E0bac

COMPARA NÚMEROS E CANTIDADES

http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/a/1/ca1_07.html

CALCULO MENTAL 1º

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/calculo_m/seriesCI_R/ci_serie15r_p.html

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE DE A CORUÑA

Estes días fomos visitar o Aquarium Finisterrae, un dos museos científicos de A Coruña, que presenta numerosas especies mariñas, á beira do Atlántico e do faro A Torre de Hércules. 
Esta visita fixémola 1º e 2º de Primaria, dentro do Proxecto que traballamos este curso relacionado co Mar: "Alén do Mar". 
Os nenos e nenas gozaron moito vendo á quenlla Gastón e ás focas. Temos que volver!!! 
Aquí vos deixo un vídeo dos mellores momentos

 

18.2.18

CELEBRA A VIDA. ILLA FANTASÍA

"Celebra a Vida"é o tema de Axel que serviu de inspiración para o reto de Illa Fantasía: Facer unha fotografía cunha estrofa da canción. Aquí deixamos as dos primeiros de primaria. Esperamos que vos gusten.



5.2.18

ENTROIDO 2018



Preme na imaxe e podes ver máis no blog A Casqueira

O ENTERRO DO ENTROIDO

A comitiva fúnebre do Entroido, percorreu o patio do noso colexio entre os choros dos nenos e nenas que tanto estimaban ao finado e que lle foron cantando "Xa morreu, xa morreu, dunha inxente que comeu, non chorar, non chorar que o imos enterrar". E así rematou o carnaval 2018. Xa estamos preparándonos para o próximo.
















O FESTIVAL

"Manola, o peixe de Manola, e o peixe que máis mola, é fresco e natural" 

 Este ano dedicamos o Entroido ao Mar, e os de 1º e 2º de Primaria,  salientamos ás peixeiras que na nosa vila mariñeira de Pontedeume, sempre foron persoas moi importantes. Agora nos mercados e anos atrás camiñando polas rúas, as mulleres eumesas vendían peixe fresco que chegaba das nosas costas. Cantando " Parrochas viviñas" "Levo xurelo fresquiño" e moito máis, chamaban á xente a mercar a riqueza mariña da nosa ría. A todas elas agradecemos o seu esforzo, cantando a canción de "Manola", esa vendedora ambulante de peixe fresco e natural.
 

EMPEZA O ENTROIDO COS MANDADIÑOS DE "MANOLO" 

E con este Mandadiño "Manolo remata por este ano. Saudiños!!!! No hay texto alternativo automático disponible.

O terceiro Mandadiño

  No hay texto alternativo automático disponible.


Aquí vos vai o segundo Mandadiño No hay texto alternativo automático disponible.

O esqueleto Manolo xa fixo a súa aparición para inaugurar o entroido 2018 co primeiro dos mandadiños.
Recordade que o LUNS...




O DISFRACE



Aquí vos deixamos o modelo do disfrace do Entroido. Como este ano vamos de peixeiros e peixeiras, levaremos un mandil plástico en cor branco e de roupa un pantalón vaqueiro e xersei escuro, acompañados de botas de auga. Para a cabeza unha gorra branca como o modelo que poñemos na imaxe. Agradecemos o voso esforzo!!!

Resultado de imagen de disfraz de pescadora con mandil plástico blancoResultado de imagen de disfraz de pescadora con mandil plástico blanco




4.2.18

OS ANIMAIS: SEGUNDO COMO NACEN E SE ALIMENTAN

A clasificación dos animais segundo a súa alimentación e o seu nacemento, podedes repasalo no T7 de Ciencias da Natureza.

RESTAS SEN LEVAR EN 1º

Ola a tdo@s. Xa estamos preparándonos para aprender a restar sen levar, así que aquí vos deixo uns vídeos que vos axudarán a repasar o traballo que facemos en clase no Tema 8 de Matemáticas. Non vos esquezades de repasar as sumas de 3 sumandos que tanto traballamos no Tema 7 de MAT.

OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO 1º

Nos temas 6 e 7 de Matemáticas temos que aprender os días da semana e os meses do ano e nada mellor que estos temas de Pirilampo e Mamá Cabra para aprendelos en galego e do Monosílabo e de Nícola Cavernícola para castelán. Ánimo!!!

1.2.18

VISITA DE BRÚJULA DE ILLA FANTASÍA






A Gran Bruxa china "Brújula", fíxonos outra visita para contarnos a súa viaxe polo espazo e as actividades que acontecerán na súa pagoda. Como sempre, trouxo na súa maleta unha chea de cousas sorprendentes que nos encantaron.
 "Brújula" fixo entrega a Hugo González de 1ºB, dun diploma do Gobernador de Illa Fantasía, no que se lle recoñece como explorador na procura de dragóns, pola súa foto co dragón que apareceu na Alameda da nosa vila.
Hai que seguir adiante cos retos que nos propón "Brújula", exploradores e exploradoras de 1º!!!!