22.3.18

ÁLBUM BILINGÜE 2018

Como cada curso, participamos no proxecto do álbum  bilingüe e  despois de moito esforzo, conseguimos o libro para a nosa biblioteca de aula. 
O mellor foi o traballo en equipo!!!



PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS


BILINGUAL ALBUM-ÁLBUM BILINGüE
Once more time we start the bilingual album 2018, this year about "The sea", full of great time, time sharing and good learning with our colleagues during the break time...Come and see how is it...!
Unha vez máis comezamos o traballo do álbum bilingüe 2018, este ano adicado a "O mar". Este tempo está cheo de diversión tempo de aprendizaxe e tempo de compartir cos nosos amigos...Vide e botade unha ollada a como é isto nos tempos de lecer...!
1ºB

 1ºA

CELEBRACIÓN DO DIA DO MAR

A contaminación que sofren os océanos polos verquidos incontrolados e pola presenza masiva de lixo mariño en todos os mares, debe ser algo preocupante para todos e todas, por iso o alumnado de 1º declamou  poemas feitos por eles e elas salientando a importancia do mar e dos animais que viven nel.
A actividade foi para celebrar o Día do Mar con todo o colexio e pasámolo moi ben, cantando e bailando "Catro Vellos Mariñeiros"

PREME NA IMAXE (BIBLIOCOUCEIRO)



















21.3.18

PROXECTO ILLA FANTASÍA: NOVO RETO, FACER UNHA POESÍA



Dende hai tempo estamos a traballar nunhas poesías co
lectivas relacionadas co mar, que fixemos en equipo tanto 1ºA como 1ºB. Quedaron xenial e decidimos poñelas no corredor  para compartilas co resto do alumnado. 
Aquí vos deixamos o resultado , onde podedes ver a creatividade do traballo das nenas e nenos. Esperamos que vos guste.


1ºB

1ºA
Tamén fomos ata a peixaría de Salvador, no Mercado, a cumprir co reto de levar as poesías e metelas nunha botella.
Non foi doado porque xa había moitas dentro, pero Salvador axudounos moito e saímos moi contentos e contentas de concluír co reto de Illa Fantasí








1ºB
1ºA

Aquí vos deixamos uns videos para traballar as rimas e como facer poemas. Agora xa non queremos deixar de rimar.

 

18.3.18

PROXECTO ILLA FANTASÍA: SEGUIMOS EXLORANDO


Seguimos traballando en Illa Fantasía, para atopar novos territorios. Aquí vos deixo este vídeo para que recordedes o que temos que facer.


Este día"Brújula" chegou a 1º para facer uns traballos de exploración que fixemos entre todos e todas. Traballando en equipo, puidemos abrir os cofres de cores e conseguir ascender 120m.!!!
Tivemos que xuntar as pezas dun quebracabezas e grazas a unha lanterna máxica, puidemos ler a mensaxe máxica de como durmir aos dragóns e así seguir avanzando ata Os Tres Picos do Dragón.
Neste vídeo podedes ver o noso traballo.

8.3.18

DIA 8 DE MARZO .DIA DA MULLER

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



                                             Preme na imaxe (A Casqueira)

 Este ano queremos destacar ás mulleres do mar, no Día Internacional da Muller, por iso participamos no mural que fixo o alumnado de 5º e 6º, conxuntamente ca biblioteca. 
Os nomes das mulleres que coñecemos e que teñan relación cos oficios do mar, vamos colgalos nas redes, poñendo en valor o seu esforzo.