O Maio de 1º, 2º e 3º contou coa colaboración de nais e pais que nos axudaron a elaborar este precioso Maio.
Cantamos e puxemos a base do "verde" que deu forma á estrutura.
Como gozamos do olor a fiúncho e de estar ao aire libre no xardín do colexio!!!
Un ano máis continuamos cumprindo coas tradicións da nosa vila!!!
28.4.23
2ºB COLABORA NA CONFECCIÓN DO MAIO 2023
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023 EN 2ºB
Este ano celebramos o Día do Libro no xardín do noso colexio coa colaboración do alumnado de 6º que compartiu lecturas de contos, como madriñas e padriños lectores, cos nenos e nenas de 2ºB.
Foi unha experiencia marabillosa que queda plasmada nestas fotos para o recordo!!!
21.3.23
SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E A EXPONAV
O venres 17 de marzo os nenos e nenas de 2º A e 2º B visitamos o Museo de Historia Natural e Exponav en Ferrol. No Museo de Historia Natural puidemos ver esqueletos de animais, tanto mariños como terrestres, animais conservados en alcohol e animais disecados. En Exponav profundizamos nun dos medios de transporte que podemos empregar para viaxar, O BARCO. Aprendemos as súas partes e como se constrúen, así como tamén realizamos un obradoiro sobre nós.
Pasámolo xenial!!!
18.2.23
ENTROIDO 2023
Este Entroido 2023 empezou, coma sempre, cos mandadiños de Manolo, que unha vez máis nos acompañou nestas troulas e os de segundo participamos en todo.
Despois chegou o desfile pola vila, pasando pola Galera, Lombardero, Fonte do Pilón, Praza Real, Praza de España, Saavedra Meneses, Peirao e o Pavillón, onde chegamos para facer a actuación. No percorrido, as familias gozaron vendo a nenos e nenas polas rúas cos seus disfraces tan bonitos.
A actuación foi todo un éxito!!! O tema de María Fumaça co seu Xiqui, Xoque, Fí, Fíu, encheu o pavillón de entusiasmo e ritmo e nenas e nenos de 1º e 2º demostraron o traballo de ensaios de moitos días que deron os seus froitos.
Xa queda para o recordo de todos e para a historia do noso querido colexio, este día en que partiu un tren para percorrer vales e montañas e chegar a esa estación onde podemos soñar e cantar.
Bo Entroido!!!






.jpeg)











































.jpg)



.jpg)


.jpg)


.jpg)
.jpg)














