Ola familias:
O día 13 de febreiro festexaremos no Couceiro Freijomil o entroido. Este ano o tema central para as nosas comparsas é: estilos musicais.
Os nenos e nenas levarán para a casa unha notiña con unhas pequenas referencias da roupa e complementos para os nosos disfraces. O noso estilo musical será Rock and roll (estilo Grease, non os rockeiros de guitarra e pantalón rachado).
Seguide as referencias que vos indicamos na notiña. Aquí vos deixamos unha mostra de disfraces tipo para que vaiades sacando ideas. Ánimo!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario