10.2.17

DISFRAZ DE ENTROIDO

   Tal e como vos comentamos nunha notiña que levaron os nenos e nenas para a casa, este ano iremos disfrazados de carballos xa que estamos a traballar nun Proxecto sobre As Fragas do Eume.

     Adxuntamos unha imaxe de como pretendemos que sexa o disfraz. Recordade que só debedes encargarvos das follas da parte de arriba do disfraz e non da coroa. A coroa farémola nos na clase.

     Mandamos plantilla cos tres tamaños das follas que poderedes facer de cartolina, goma eva, feltro,.... Poden ir pegadas, cosidas, grampadas,... Como podedes observar hai dous tonos de verde.      Nas follas escuras debúxanse os nervios da folla en verde claro e nas follas claras debúxanse os nervios de verde escuro. En función da vosa creatividade e tempo, podedes personalizar o disfraz con un niño de paxaro, un esquío, un paxaro,... Non dubidedes en consultar dúbidas ben nas axendas ou falando con nos na entrada e saída do cole. Moitas grazas.


Resultado de imagen de disfraz de árbol              Recordade que a coroa facémola na clase!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario