19.10.17
LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S
Hoxe deu comezo no cole a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S que organiza cada ano, desde outubro de 2009, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) en colaboración coa Biblioteca e as Titorías de 5º/6º e 1º de Primaria e Infantil.
As alumnas e alumnos de 5º e 6º, se achegaron a ler contos en galego, e farano todos os xoves, a partires de agora, coincidindo coa hora de lectura, co gallo de dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e os maiores do noso colexio.
De seguido podedes ver o entusiasmo d@s de 1º
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario