Preme na imaxe e podes ver máis no blog A Casqueira
O ENTERRO DO ENTROIDO
A comitiva fúnebre do Entroido, percorreu o patio do noso colexio entre os choros dos nenos e nenas que tanto estimaban ao finado e que lle foron cantando "Xa morreu, xa morreu, dunha inxente que comeu, non chorar, non chorar que o imos enterrar". E así rematou o carnaval 2018. Xa estamos preparándonos para o próximo.
O FESTIVAL
"Manola, o peixe de Manola, e o peixe que máis mola, é fresco e natural"
Este ano dedicamos o Entroido ao Mar, e os de 1º e 2º de Primaria, salientamos ás peixeiras que na nosa vila mariñeira de Pontedeume, sempre foron persoas moi importantes. Agora nos mercados e anos atrás camiñando polas rúas, as mulleres eumesas vendían peixe fresco que chegaba das nosas costas. Cantando " Parrochas viviñas" "Levo xurelo fresquiño" e moito máis, chamaban á xente a mercar a riqueza mariña da nosa ría. A todas elas agradecemos o seu esforzo, cantando a canción de "Manola", esa vendedora ambulante de peixe fresco e natural.
EMPEZA O ENTROIDO COS MANDADIÑOS DE "MANOLO"
E con este Mandadiño "Manolo remata por este ano. Saudiños!!!!
O terceiro Mandadiño
Aquí vos vai o segundo Mandadiño
O esqueleto Manolo xa fixo a súa aparición para inaugurar o entroido 2018 co primeiro dos mandadiños.
Recordade que o LUNS...
O DISFRACE
Aquí vos deixamos o modelo do disfrace do Entroido. Como este ano vamos de peixeiros e peixeiras, levaremos un mandil plástico en cor branco e de roupa un pantalón vaqueiro e xersei escuro, acompañados de botas de auga. Para a cabeza unha gorra branca como o modelo que poñemos na imaxe. Agradecemos o voso esforzo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario