26.3.18
22.3.18
ÁLBUM BILINGÜE 2018
Como cada curso, participamos no proxecto do álbum bilingüe e despois de moito esforzo, conseguimos o libro para a nosa biblioteca de aula.
O mellor foi o traballo en equipo!!!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS
| |
Once more time we start the bilingual album 2018, this year about "The sea", full of great time, time sharing and good learning with our colleagues during the break time...Come and see how is it...!
Unha vez máis comezamos o traballo do álbum bilingüe 2018, este ano adicado a "O mar". Este tempo está cheo de diversión tempo de aprendizaxe e tempo de compartir cos nosos amigos...Vide e botade unha ollada a como é isto nos tempos de lecer...!
1ºB1ºA |
CELEBRACIÓN DO DIA DO MAR
A contaminación que sofren os océanos polos verquidos incontrolados e pola presenza masiva de lixo mariño en todos os mares, debe ser algo preocupante para todos e todas, por iso o alumnado de 1º declamou poemas feitos por eles e elas salientando a importancia do mar e dos animais que viven nel.
A actividade foi para celebrar o Día do Mar con todo o colexio e pasámolo moi ben, cantando e bailando "Catro Vellos Mariñeiros"
A actividade foi para celebrar o Día do Mar con todo o colexio e pasámolo moi ben, cantando e bailando "Catro Vellos Mariñeiros"
![]() |
PREME NA IMAXE (BIBLIOCOUCEIRO) |
21.3.18
PROXECTO ILLA FANTASÍA: NOVO RETO, FACER UNHA POESÍA
Dende hai tempo estamos a traballar nunhas poesías colectivas relacionadas co mar, que fixemos en equipo tanto 1ºA como 1ºB. Quedaron xenial e decidimos poñelas no corredor para compartilas co resto do alumnado.
Aquí vos deixamos o resultado , onde podedes ver a creatividade do traballo das nenas e nenos. Esperamos que vos guste.
![]() |
1ºB |
![]() |
1ºA |
Tamén fomos ata a peixaría de Salvador, no Mercado, a cumprir co reto de levar as poesías e metelas nunha botella.
Non foi doado porque xa había moitas dentro, pero Salvador axudounos moito e saímos moi contentos e contentas de concluír co reto de Illa Fantasía
![]() |
1ºB |
18.3.18
PROXECTO ILLA FANTASÍA: SEGUIMOS EXLORANDO
Seguimos traballando en Illa Fantasía, para atopar novos territorios. Aquí vos deixo este vídeo para que recordedes o que temos que facer.
Este día"Brújula" chegou a 1º para facer uns traballos de exploración que fixemos entre todos e todas. Traballando en equipo, puidemos abrir os cofres de cores e conseguir ascender 120m.!!!
Tivemos que xuntar as pezas dun quebracabezas e grazas a unha lanterna máxica, puidemos ler a mensaxe máxica de como durmir aos dragóns e así seguir avanzando ata Os Tres Picos do Dragón.
Neste vídeo podedes ver o noso traballo.
11.3.18
8.3.18
DIA 8 DE MARZO .DIA DA MULLER

Preme na imaxe (A Casqueira)
Este ano queremos destacar ás mulleres do mar, no Día Internacional da Muller, por iso participamos no mural que fixo o alumnado de 5º e 6º, conxuntamente ca biblioteca.
Os nomes das mulleres que coñecemos e que teñan relación cos oficios do mar, vamos colgalos nas redes, poñendo en valor o seu esforzo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)