18.3.18

PROXECTO ILLA FANTASÍA: SEGUIMOS EXLORANDO


Seguimos traballando en Illa Fantasía, para atopar novos territorios. Aquí vos deixo este vídeo para que recordedes o que temos que facer.


Este día"Brújula" chegou a 1º para facer uns traballos de exploración que fixemos entre todos e todas. Traballando en equipo, puidemos abrir os cofres de cores e conseguir ascender 120m.!!!
Tivemos que xuntar as pezas dun quebracabezas e grazas a unha lanterna máxica, puidemos ler a mensaxe máxica de como durmir aos dragóns e así seguir avanzando ata Os Tres Picos do Dragón.
Neste vídeo podedes ver o noso traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario