OS TRES R: «Reducir, Reusar e Reciclar»
A RECICLAXE, consiste en transformar produtos usados noutros novos.
Ao longo do día, tiramos moitas cousas ao lixo:
mondas de froita, papeis, latas, etc. A maior parte
destes refugallos poden transformarse noutros produtos, por iso é necesario reciclar depositando cada residuo no seu contedor.
Reciclar é un xeito de coidar o medio, pero para reciclar, necesítase a colaboración de todos e de todas, como a nosa Leyre, que cunha botella grande de plástico, fixo unha preciosa casiña coa axuda da súa familia. O interior ten uns mobles feitos de restos de madeira. Non pode ser máis xenial o resultado. Parabéns a Leyre e a súa familia!!!
Animádevos a presentar os vosos traballos con materiais de refugallo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario