Gozamos dunha xornada marabillosa na praia da Magdalena de Cabanas con Xogos Populares e concurso de castelos de area. Unha convivencia que permitiu que todo o alumnado compartise con maiores e pequenos un tempo de lecer. Cerca do mar para rematar este curso o noso PDI adicado precisamente ao mar. Nada mellor para a nosa vila mariñeira.
Todo funcionou perfectamente grazas ao esforzo e organización de todo o colexio e, de maneira particular, de Roberto, o noso profesor especialista de educación física, e do equipo directivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario