Premede na imaxe para ver máis sobre o Magosto
Estimadas familias, como sabedes, nos vindeiros días faremos a actividade do Magosto e do Peón, por eso hai que ir preparando o porta-castañas que utilizará o alumnado de 2º.
Este é o que facedes todos os anos cunha caixa de leite, pegando as dúas partes do brick, ao que hai que engadir un cordón para que @s nen@s poidan colgalo do colo e sexa máis doado que vaian comendo as castañas e botando as casca sen problema.
Grazas pola vosa colaboración!!!
.
Tamén engadimos outro modelo, por si queredes facelo, anque non é obrigatorio e chega co anterior.
Os materiais que se necesitan son:
Dous brick de leite.
Goma eva,
Pistola de silicona.
Rotuladores, lapis.
Tesoiras, regra e un cuter.
O corte dos brick de leite é de 7,5cm de altura e péganse coa pistola.
Logo hai que recortar unha tira de goma eva marrón de 50x8cm e un cadrado de 10x12 de goma eva marrón, máis escura, na que se coloca unha plantilla da castaña. Tamén aproveitamos recortes de goma eva, unha branca para facer os ollos e outra laranxa para facer o botón da castaña.
Logo recortamos coa plantilla a forma da castaña e debuxamos os ollos, a boca e o nariz .
Unha vez terminada a castaña, pegámola
Logo coa axuda dun punzón, fanse dous buratos a ambos lados da caixa e metemos un cordón para poder colgala no colo. E xa está lista!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario