15.12.18

ILLA FANTASÍA: A VISITA DA GRAN XEFA INDIA TATANKA SKÁ

Estes días andamos a traballar nos retos de Illa Fantasía para os vindeiros meses, porque queremos conseguir moitas plumas, así que decoramos os nosos tipis, pintando as sabas que recollemos. Quedaron marabillosos e pronto volos ensinaremos. Tamén estamos a facer tipis pequenos en cartolina para unha exposición. Pero o máis importante e que veu de sorpresa a Gran Xefa India Tatanka Ská, deixándonos abraiad@s cos seus cánticos lakotas e a súa vestimenta cun manto de pele de Bisonte Branco e o seu tocado de plumas de cores. 
Bailamos a canción de " La Tribu del Corazón" e dixemos os nosos nomes lakotas cos xestos indios.
Tatanka mostrounos fotografías da súa familia e do seu Lunicornio e marchou ata a próxima visita deixando unha marabillosa mensaxe: PAZ E AMOR

Ata pronto Tatanka!!!

















Este é o Lunicornio de Tatanka, que se forma coa mestura dun cabalo mustang e un unicornio.


E aquí o seu pai e a súa nai.



           
















No hay comentarios:

Publicar un comentario