"Non hai camiño para a Paz: a Paz é o camiño".
- Mahatma Ghandi -
O Día da Paz, celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz e nós preparamos as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.
Este ano cantamos e bailamos a canción, "O Mundo é Grande" de Mamá Cabra, pero tamén traballamos coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ. Para iso fixemos un xoguete tradicional "o zumbador", que podedes ver nas fotos.
Os de 2º e 1º, decoramos o corredor principal cunha pota moi simpática para cociñar a Paz con ingredientes como a amizade, o perdón, as apertas e todo o que nos axude a convivir sen violencia.
Feliz Día da Paz!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario