10.2.19

PRATO DO MES DE FEBREIRO NO TABOLEIRO DA LINGUA: LACÓN CON GRELOS E CHOURIZOS

No mes de febreiro, @s de 2º participamos no Taboleiro da Lingua,  no proxecto Prato do Mes, dentro do PDI do ano: BO PROVEITO!! cunha receita fantástica: Lacón con grelos e chourizos.
O momento do ano propio para a matanza do porco é o inverno, desde o San Martiño (11 de novembro) ata febreiro, antes do entroido.  Os fríos deste tempo resultan fundamentais para unha adecuada conservación da carne. 
Para levar a cabo a matanza na casa, había que avisar aos que ían intervir na mesma, tanto aos profesionais (matachín e agarrantes) como familiares e veciños. O matachín e os agarrantes tomaban a parva  antes de comezar, consistente nun almorzo constituído por chourizo, cachelos e touciño, todo regado de viño en abundancia e despois o augardente axudaba a matar o frío. 
Cómpre lembrar que a razón de ser da matanza do porco, era abastecerse de carne para todo o ano, así, só as partes máis perecedeiras (fígado, riles, sangue) se comen xa nos días da mata, mentres que o resto do animal adoita prepararse para ser conservado. As pezas máis nobres (xamóns e lacóns), xunto co touciño, a cachucha e o espiñazo consérvanse no sal, e o resto da carne pícase para facer chourizos.
Parabéns a todos e todas pola  presentación en plastilina, á que non lle faltou detalle, pois aparecen os grelos, a cachucha, o touciño, o lacón, os garavanzos, as patacas, os chourizos e un cachiño de costela

Bo Proveito !!! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario