En Galicia O Entroido, tamén chamado Antroido ou Introido, é unha celebración de longa tradición popular e no noso centro traballamos para que non se perdan as nosas tradicións, preparando bailes, disfraces e cantigas, nunha colaboración familia-colexio
O ENTERRO DA SARDIÑA
Este ritual do Entroido non naceu en Galicia, senón que veu importado de Madrid, a
onde no reinado do monarca borbónico Carlos III, procedente dalgún porto do norte de
España, chegou un cargamento de sardiñas en mal estado, polo que as autoridades competentes,
malia as condicións de pobreza da poboación, acordaron enterralas na «Casa de Campo».
O pobo, aínda que ao comezo protestou e provocou algúns incidentes, logo participou
cun tono burlesco e sarcástico en dito enterro, que sería recordado anualmente.
A QUEIMA DO MECO
Polo xeral un meco é sempre un personaxe que representa un bébedo, lacazán e lambón que soe ter debilidade pola comida e os cartos.
A primeira mención que se ten en Galicia do meco, faina o Pai Sarmiento no século XVIII. Cóntase que a súa orixe estaría na localidade do Grove. Alí vivira un home que tiña unha longa fama de vividor, bebedor e mullereiro. Dise que pola súa actitude foron os propios habitantes da vila que chegado o día de entroido, fartos dos seus abusos, collérono e aforcárono, pendurándoo dunha figueira. Cando as autoridades pescudaron polo autor do crime, as xentes da vila, un por un, autoinculpáranse do crime. Gracias a isto ninguén puido ser acusado.
"XA MORREU"
Tamén nós representamos cada ano a queima do "Finado" e choramos pola súa perda cantando o "Xa morreu", típico de Pontedeume e senón mirade.
-Xa morreu!
Xa morreu!
dunha enchente que comeu.
Non chorar!
Non chorar!
que o vamos enterrar.
-Este Antroido que aquí vai
éche un valiente animal,
en vez de ir en automóbil.
vaiche dentro dun tabal.
-Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la.
Ai la, la, la, la.
Ai la, la, la, la.
-Subeu polos Espenedos
e baixou polo Escorial.
E chegou a Pontedeume
o martes de carnaval
A música do "Xa morreu", non se sabe de quen é e xa hai constancia de que se cantara en 1910 en castelán tamén con esta letra.
O "tabal", ao que fai mención a canción, é unha caixa onde se acomodan as mariquitas, ás sardiñas salgadas, tan típicas da nosa vila.
ATA O VINDEIRO ANO!!
ATA O VINDEIRO ANO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario