A Gran Xefa India Tatanka Ska, veu despedirse antes da festa na que moi pronto participaremos. Trouxo unha bolsa con moitos obxectos que pertencían aos personaxes de Illa Fantasía: O bufo Beto, a meiga Sada, os piratas, a dama Guardiana, os xemelgos Marco e Cristóbal, o cabaleiro Cortés, a bruxa Analfabeta, o Gobernador, o trasgo Tino e a dragona dourada.
Por último, fixemos varios grupos para tentar reproducir nunha folla en branco o mapa de Illa Fantasía, para o cal cada grupo víamos por quenda os elementos do mapa e os debuxábamos. O grupo que fixo máis debuxos foi o formado por Cristian, Sensén e Dani Aba de 2ºB, pero todos quedaron moi ben.
Tatanka traía unha cámara de fotos e quixo que lle fixéramos unha, para que tivéramos un recordo dela.
Ata pronto Tatanka!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario