6.12.19

EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME 2019

A visita ás  Fragas do Eume permitiunos ver unha paisaxe húmida e propia do outono, nun entorno natural único. 
A árbore que máis vimos, foi a que ten maior presenza no parque que é o carballo. Tamén puidemos ver soutos de castiñeiros e bidueiros e nas proximidades do río,  ameneiros e salgueiros.
No parque están presentes unhas 28 especies distintas de felgos, ou fieitos, e 136 de musgos e na nosa andaina atopamos algunhas destas especies que brillaban polo orballo que acababa de caer cando chegamos.
Unha interesante vista das Fragas, diferente a que os nenos e nenas tiñan delas, pois case sempre as visitan na primavera ou no verán.
Rematamos a nosa xeira facendo un ensaio ao aire libre da panxoliña de Nadal e volvemos para o cole, pensando que temos que coidar a nosa contorna para que poidamos seguir gozando dela moitos anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario