Esta lenda popular que se transmitía fai séculos oralmente por Europa, foi recollida por Charles Perrault nun volume de contos no século XVII, pero foron os irmáns Grimm, os que a utilizaron finalmente, para facer o conto máis lido do mundo.
En Primeiro seleccionamos este conto pola súa popularidade e porque representa a posibilidade de que as nenas poidan ser atacadas e de vivir con medo, o cal fortalece a desigualdade entre nenos e nenas, por iso o noso disfrace é o mesmo para todos e todas, o de "Carapuchiña", sen lobos nin cazadores.
Nos vídeos presentamos un titorial para facer a capa vermella, que non é necesario que leve forro, e unhas trenzas de la, por se queredes engadirllas ao disfrace, o mesmo que unha cesta.
Por debaixo da capa todos e todas iremos vestidos de negro e con zapatos ou tenis escuros. Deste xeito a inversión económica é mínima, seguindo a nosa liña de evitar facer gastos excesivos ás familias, pero conseguir unha vistosidade importante.
Agardamos a vosa colaboración!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario