Este ano celebramos o
entroido no colexio de forma diferente pero sen deixar de lado a
diversión.
Os alumnos e alumnas de 2º A e B tiveron que
completar unha xincana medieval que incluía distintos retos e
actividades. Superar tantos obstáculos non semellaba unha tarefa
doada, pero con esforzo e ilusión todo o alumnado de 2º puido
conseguilo.
Como resultado, lograron o medallón de Pontedeume e
foron nomeados cabaleiros e cabaleiras da Real Vila de Pontedeume
durante a celebración.
Parabéns para os novos cabaleiros e
cabaleiras de Pontedeume!
Fotos do Entroido Medieval de 2ºA e 2º B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario