Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias. Recoñéceselle a súa labor na promoción da nosa lingua grazas ao seu traballo como tradutora, escritora e editora. Ademais, esta autora lucense convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Con motivo desta celebración, o alumnado do Couceiro tivo que
realizar varios retos relacionados coa vida da poeta para conseguir unha peza
do crebacabezas dedicado a ela.
Como comprobaredes nas imaxes, os nenos e nenas de 2º de
primaria superaron con éxito probas de tradución de textos ao galego, búsqueda
de palabras agochadas, coñeceron as súas obras máis importantes e completaron
poemas de Xela. Como resultado, cada clase logrou a súa peza do crebacabezas e
colocárona no mural coas demais.
Ollade como foi o reto!
Ademais, como cada ano, o alumnado de 6º de primaria realizou unha videomontaxe para darnos a coñecer a figura de Xela Arias. Este foi o resultado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario