Como cada ano nestas datas, o alumnado do Couceiro fixo unha saída ás praias próximas ao colexio para pasar unha mañá xuntos construíndo castelos de area.
Ataviados con cubos, anciños e palas deron o mellor de si mesmos para crear castelos e outras edificacións moi logradas.
Cada un dos grupos planificou como ía ser a súa construción: castelos, torres, pontes, murallas, fosos… e decoráronas con cunchas, algas, paus de madeira, bandeiras ou mesmo con guerreiros que se encargaban de defender a fortaleza.
Nesta ocasión, por mor da pandemia, non se puido facer ningún concurso, sen embargo, iso non impediu que os nenos e nenas gozaran dun día na praia traballando en equipo.
A continuación, amósanse as imaxes de como foi a xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario