Estimadas familias: Este ano unha das actividades que faremos para celebrar o Nadal será a realización duns mandadiños dende o mércores 15 ata o luns 20 de decembro, ambos inclusive. Son voluntarios e acumulativos, de modo que o luns día 20 o alumnado poida vir cos catro mandadiños xuntos á escola. Adiantamos os mandadiños para que as familias vos poidades organizar, pero lembrade que a idea é que sexa unha sorpresa para o alumnado polo que vos pedimos que nos axudedes a gardar o segredo. Os mandadiños serán os seguintes: O mércores algo de Nadal na cabeza (gorro, diadema, adornos,...). O xoves unha grilanda ou espumillón. O venres algo navideño pintado na zona da cara que non quede oculto pola máscara, ou unha máscara con motivos navideños. O luns un calcetín de cada cor que se vexa ben (por exemplo por enriba do pantalón). Grazas pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario