22.6.22

FIN DE CURSO 2021-2022

Pechamos este curso cheo de acontecementos, novidades e moito traballo, coa ledicia de ver a nenos e nenas contentos e contentas polos seus logros e por tantas vivencias.

 O máis importante desta etapa da súa vida, é aprender esas habilidades sociais que tanto utilizarán agora e sempre. Valores como a solidariedade, o compañeirismo, a tolerancia e a comprensión, son o camiño que mestras/es e familia, debemos amosarlles para que aprendan que non hai que deixar a ninguén atrás. Cada quen con seu ritmo, tal vez cunhas dificultades en determinadas materias, pero nunca atrás.

Aprender a ler, é un dos acontecementos máis importantes da nosa vida, porque nos abre a porta do coñecemento, e en este curso xa todos e todas iniciaron ese proceso que irán afianzando en 2º, mellorando a comprensión lectora. É bo continuar coa lectura cada día, para non esquecer o aprendido.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita do alumnado de infantil que o curso próximo pasará a primeiro  e que estaban tan temorosos e temorosas, como se foran a universidade. Iso fixo que os de 1º se sentiran moito máis maiores.


Tamén participamos na graduación de 6º, moi emotiva, e que nos produzo unha pouca de tristura por ver marchar a nenos e nenas do noso cole, algúns irmáns, curmáns.... que xa seguirán outra etapa da súa vida.


E chegou o momento da despedida, e inda que nos vamos, é so un "Ata Logo", desexándovos unhas boas vacacións.










No hay comentarios:

Publicar un comentario