Iniciamos esta nova andaina con moita ilusión, participando nas rutinas de sempre como a da nosa mochila viaxeira, que tanto gozamos lendo en familia na casa. Tamén os empréstitos dos libros da biblioteca comezan a axudarnos a comprender mellor o mundo, ampliando o noso vocabulario e a comprensión lectora. Un paso máis desde 2º que damos co PDI deste curso, orientado a viaxar polo mundo. En 2ºB andamos por centroamérica e México e noso primeiro destino é Panamá. Xa vos iremos contando!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario