17.5.18

LETRAS GALEGAS 2018 E X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"









 
 


No Taboleiro da Lingua, no corredor da entrada, xa podedes ver unha exposición da vida e obra de María Victoria Moreno.

Consultade A Casqueira para coñecer á escritora que quixo ser galega, porque se namorou da nosa lingua. Premede na imaxe.




X CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"

Como cada ano celebramos o Certame de Poesía, convocado polo Equipo de Biblioteca, que este curso compre o seu 10º aniversario.
Cun tema baseado na PDI "O Mar", o alumnado do colexio participou con gran interese escoitando as poesías finalistas e gañadoras, pero o máis importante é celebrar que as nenas e nenos de 1º, fixeron unhas poesías fantásticas, moi creativas que nos encantaron a tod@s


Hugo Rodríguez de 1ºA e Santiago Mirón de 1ºB, foron premiados polas súas poesías e recibiron un premio consistente nuns libros e unha axenda de mans da profesora María Jesús Rodríguez de 2ºB
Parabéns rapaciños!!!


 Despois foron recebidos polos compañeiros e compañeiras, que se puxeron moi contentos co seu éxito.




12.5.18

RECICLANDO


OS TRES R: «Reducir, Reusar e Reciclar» 

A RECICLAXE, consiste en transformar produtos usados noutros novos. 
 Ao longo do día, tiramos moitas cousas ao lixo: mondas de froita, papeis, latas, etc. A maior parte destes refugallos poden transformarse noutros produtos,  por iso é necesario reciclar depositando cada residuo no seu contedor.
 Reciclar é un xeito de coidar o medio, pero para reciclar, necesítase a colaboración de todos e de todas, como a nosa Leyre, que cunha botella grande de plástico, fixo unha preciosa casiña coa axuda da súa familia. O interior ten uns mobles feitos de restos de madeira. Non pode ser máis xenial o resultado. Parabéns a Leyre e a súa familia!!!
Animádevos a presentar os vosos traballos con materiais de refugallo!!!






BRÚJULA TRAE O BURANGANDAU

Pasámolo moi ben nesta derradeira visita de "Brújula", porque ensinounos a construír un "Burangandaun" co que fixemos peticións e desexos facendo voar as súas fitas de cores.
Tamén recibimos noticias de que temos que axudar a curar ao dragón galego "Pegadas", que perdeu a súa cola coa trabada dunha quenlla. Pero esa historia xa a contaremos máis adiante. Ata pronto!!!
















                                   
                                                       





















5.5.18

CONTACONTOS CON IAGO LÓPEZ


Resultado de imagen de escritor iago lopez

Veunos visitar o escritor Iago López, autor do libro "O Cociñeiro Martiño" que nos contou unha selección dos contos máis famosos coma "Os tres osos", "Carapuchiña vermella" e outros clásicos da literatura infantil.
Gozamos moito os de 1º e 2º, e xa quedou pendente de que veña outro día a falarnos de Martiño. O esperamos!!!










2.5.18

MAIOS 2018

Bo traballo rapaciñ@s e parabéns polo segundo premio!!! Moitas grazas as familias por colaborar mandando as flores, o verde e as laranzas, por axudar a facer os maios e por acompañar a nenos e nenas cos maios . 
Traballando en colaboración, somos moito máis.
Premede nas imaxes e poderedes ver as reportaxes de "A Casqueira"e "O Xardín do Pasatempo".


http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/05/os-maios.html