1.11.17

SAMAÍN 2017

Chegou o tempo tan esperado por nós: o 31 de outubro, O SAMAÍN, un tempo de medo, no que nos divertimos dabondo coas actividades organizadas no cole.
 Os celtas celebraban co Samaín o comezo do inverno e do ano novo. Se queredes saber máis, aquí vos deixo un enlace co blog de Dinamización da Lingua Galega, A CASQUEIRA.   http://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/














Foi moi divertido ver a tod@s @s compañeir@s vestidos de momias, monstros, pantasmas e outras personaxes típicas deste día.
Gustounos moito o conto "UN BARCO NAS CROAS" que prepararon para 1º @s de 5ºA que nos fixeron pasar moito medo. O profe Suso fixo unha presentación onde se escoitaban os tronos e víanse os lóstregos. Algúns tiñan que tapar os ouvidos e non deixaban de tremer. Uuuuuhhhhh!!!! Xa nos tarda o Samaín do vindeiro ano
















Na Hora de Ler, fixemos a lectura ás escuras con lanterna e foi moi divertido. Nin tivemos medo. Algúns esqueceran traer a lanterna, pero compartimos entre tod@s.  E para rematar, unhas fotos das nosas cabazas. Ata pronto!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario