Como este curso temos o PDI sobre o mar: "ALÉN DO MAR", fomos ao mercado da nosa vila para ver como son os peixes de verdade, pois sempre os comemos, pero non sabemos como saen do mar. Tiñamos moita gana de visitalo porque Cristina, a nosa guía e nai dunha alumna do cole, dispuxo unha mesa con diferentes animais mariños dos que nos contou moitas cousas interesantes. Alí vimos as fanecas, as sardiñas, as luras, ata un melgacho, que vive en fondos lamacentos, desde os 25 ata os 400 m de profundidade, que se alimenta pola noite e durante o día permanece en repouso. Tamén vimos nécoras, centolas, sollas e congros.
Grazas Cristina polo teu esforzo. Agora xa podemos dicir que os peixes veñen do mar.
Estábamos tan felices que ata cantamos no mercado a canción que estamos preparando para o Nadal e que fala de moitos peixes que vimos alí.
As portas das nosas aulas xa van polo mar da nosa ría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario