21.4.18

BRÚJULA VEU A 1º A FACER "SUSHI LONG"




Desta volta , Brújula veu traernos unha receita de "Sushi Long", é dicir, Sushi para dragóns e dragoas. Foi moi interesante e puidemos gozar do sabor do pan , aguacate, tomate e limón. Aprendemos a comer axeitadamente cousas naturais. Xa sabedes, non debemos dicir que algo non nos gusta sen probalo.
 Comendo ben, cada día somos máis fortes e crecemos sen parar, así nos converteremos nuns grandes exploradores e exploradoras.
A gran noticia é que xa temos os materias de construción da escola, grazas ao esforzo de tod@s os que que participamos na busca e moi pronto teremos todo listo. 
Xa andan a buscar tamén os unicornios que tiñan fuxido co susto. Moi pronto teremos noticias.

 Adiante!!!

































No hay comentarios:

Publicar un comentario