7.4.18

DÍA DO TEATRO E DA POESÍA 2018

O Día do Teatro e da Poesía 2018, celebrámolo cun festival coa representación das obras: “O Momento Perfecto”  de Susanna Isern, posta en escena por 2º A, que trata da xenerosidade, do agradecemento e da amizade, e  a de Chus Pereiro "Ai Mamasiña, que Medo!", que representou o alumnado de 5º.
Houbo tamén un recitado de poesías de  Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017,  do seu libro “POEMAR O MAR”, que levou a cabo o alumnado de 3º e 4º , que estivo a traballar esta obra, conxuntamente co autor, o pasado día 19 de marzo na nosa Biblioteca "Xardín do Pasatempo" 
Para finalizar, bailamos e cantamos a canción de "Catro Vellos Mariñeiros".
Parabéns a todos e a todas!!!



Preme na imaxe para ver máis











No hay comentarios:

Publicar un comentario