10.11.19

ILLA FANTASÍA: "ISÓTITA" É IGUALDADE

Aquí vos compartimos unha carta onde nos explican que é ISÓTITA, espazo no fondo do mar, onde se respecta ás mulleres e ás nenas e o medio ambiente. Tamén é un lugar onde se fala a nosa lingua, o galego . Igualmente nos presenta unha personaxe moi importante nesta parte do proxecto de ILLA FANTASÍA, chamada CAPITÁ MARIANA e o seu barco o "STELLA MARIS". A capitá transfórmase en Serea Mariana e nunha meiga chamada A Dama Gris e as súas dotes máxicas, permitíronlle crear Isótita, un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por todas as persoas e seres vivos é a lei máis prezada.
 "A igualdade" é o significado da palabra grega ISÓTITA, nome deste territorio da illa no fondo do mar, que vincula a Illa Fantasía co PDI do colexio "Igualdade".



                                                                   A CAPITÁ MARIANA

 

Seguidamente vos compartimos uns pasatempos que podedes imprimir para xogar coas personaxes de Illa Fantasía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario