Este ano @s de 1º, vamos representar o tema "Nadal "de Mamá Cabra que ten moito ritmo e para darlle un pouco de cor, iremos disfrazad@s de boneco de neve
O disfrace é moi sinxelo e ten un custe económico mínimo. Aquí vos deixamos como facelo para que o traballedes na casa.
Tamén a letra da canción:
DECEMBRO: NADAL
(Mamá Cabra)
No nadal chega o inverno
e comeremos turrón,
cantaremos panxoliñas,
estamos de vacacións.
E faremos un boneco
cando neve mogollón,
poñerémoslle bufanda
e vasoira de bastón.
Imos cantando e bailando
cara o portal de Belén
a ver a aquel Rapaciño
acabiño de nacer.
Co nadal remata o ano,
logo os Magos virán,
deixarán os seus regalos
e moito imos xogar.
DISFRACE DE BONECO DE NEVE
- A cara e o colo pintados de branco e as meixelas colorete vermello.
- Traer una bufanda ou pano vermello.
- Unha nariz vermella de paiaso
- Toda a roupa branca.
- Poñer tres botóns negros, confeccionados con cartolina, aironfix ou tela.
- A poder ser, zapatos ou zapatillas brancas.
- A foto é orientativa.
MODELO PARA FACER O GORRO DO BONECO DE NEVE
- 2 cartolinas negras
- Fita vermella
- grampadora
- pegamento
- tesoiras
- círculo grande (papeleira)
- regra
- lapis branco para marcar
1.- Marcamos na primeira cartolina un ancho de 25 cm. Cantos máis centímetros poñamos, máis alta será a copa do sombreiro.
| |||||
2.- Cortamos a tira e probámola para marcar o tamaño da nosa cabeza.
| |||||
3.- Grampámola para que quede axustado ao noso tamaño.
| |||||
4.- Comezamos a cortar tiras duns 10 cm, cun ancho de 2 aproximadamente. Non fai falta que quede perfecto, pero si que estean tódolos cortes á mesma altura.
| |||||
5.- Agarramos o máximo de tiras e as dobramos para dentro para suxeitalas coa grampadora e pechar o sombreiro.
| |||||
6.- As derradeiras tiras teremos que pegalas con pegamento.
| |||||
7.- Marcamos un círculo grande na segunda cartolina, cunha papeleira ou algo similar. Canto máis grande sexa o círculo maior será o ala do sombreiro.
| |||||
8.- Recortamos o círculo e colocamos a copa no medio para marcar o tamaño da mesma.
| |||||
9.- Recortamos o círculo que marcamos do tamaño da copa do sombreiro.
| |||||
10.- Metemos dentro do círculo a copa, deixando uns dous centímetros por fóra.
| |||||
11.- Recortamos tiriñas novamente, pero esta vez de 2cm | |||||
12.- e as vamos dobrando e pegando para suxeitar a copa á ala do sombreiro. Finalmente poñemos arredor a fita vermella
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario