En 1ºB adicamos a Manuel María a Semana da Poesía no Couceiro, convocada polo Equipo da Biblioteca, entre o 21 e o 25 de marzo. Tendo en conta que o PDI deste curso estamos a traballar a pintura de Leandro Lamas, pareceunos que era unha gran oportunidade vincular ao poeta co pintor, xa que este ilustrou a portada do disco "Canta o Cuco"que interpretan Uxía e Magín na casa de Manuel María.
A poesía que recitan nenos e nenas de primeiro de primaria con tanta emoción, pertence ao libro "Soños na Gaiola" que Manuel María adicou aos pequenos, inspirándolles o que é Galiza e onde está: "En ti tes que atopala".
"ONDE VAS?" CANTAROLAS CON LEANDRO LAMAS
Para celebrar a Semana da Poesía, os nenos e nenas de 1°A recitan o poema "Onde vas?"
de Anisia Miranda, contido no libro "Cantarolas" e ilustrado por Leandro Lamas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario