31.10.19
30.10.19
SAMAÍN 2019: "LECTURA ÁS ESCURAS"
Hoxe rematamos as actividades do Samaín cos disfraces e a "Lectura ás Escuras" da hora de ler, que tanto nos gustan. Compartir cos compañeiros e compañeiras a luz das lanternas e gozar da festa escoitando a música polos corredores coa decoración destas datas, foi do máis emocionante. Agora esperamos con moito entusiasmo o Magosto e o Día do Peón.
Bo Samaín!!!

29.10.19
SAMAÍN 2019: EXPOSICIÓN DE CABAZAS E "QUEIMA DOS MEDOS"
A celebración do Samaín, estivo cheo de actividades que gozamos moito, pois desde a exposición de cabazas, ata a "Queima dos Medos" andamos ben ataread@s, debuxando os nosos pesadelos e as cousas que nos arrepían.
Arañas, ratas, a escuridade, os monstros, as bruxas e moitas cousas máis, foron queimados para sempre e marcharon coas lapas e o fume.
Máis abaixo tes un video onde podes atopar a túa cabaza!!
Máis abaixo tes un video onde podes atopar a túa cabaza!!



Suscribirse a:
Entradas (Atom)