Xa conseguimos cumprir co reto do Encrucillado Temático e co de buscar un nome para o PDI "Igualdade" que eliximos este curso, tal e como nos solicitou Güino fai uns días.
Estivemos traballando bastante para conseguir bos resultados, que a todos e a todas nos gustaron moito.
Os de 1ºB investigamos a nosa palabra: RESPECTO e os de 1ºA a de COLABORACIÓN. Dúas palabras que forman parte do noso día a día, porque son a base da convivencia.
1ºB propón: "Máis Iguais" e 1ºA: "Tod@s Somos Iguais"
O importante é que nenos e nenas comprendan a importancia do respecto sen discriminación, para seren nun futuro mulleres e homes capaces de convivir sen violencia, creando unha sociedade con valores de igualdade
No hay comentarios:
Publicar un comentario