COMEZA:"LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS E ÁS MÁIS PEQUENAS"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca do noso colexio, está a desenvolver un curso máis a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, que se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
O obxectivo é favorecer unha relación entre o alumnado máis novo e os maiores do noso colexio, que aportan a súa experiencia na lectura comprensiva e as súas vivencias e goce cun bo libro escrito en galego.
En 1º, foi toda unha experiencia compartir con Cristina e Juan Luis. Grazas aos dous por achegarse onda nós e ler tan ben. Parabéns !!!
1ºB
1ºA
Encántame a idea. Unha forma de fomentala lectura entre os máis pequenos! Cris preparou a conciencia a lectura para a clase da súa irmá!!
ResponderEliminar