Hoxe rematamos as actividades do Samaín cos disfraces e a "Lectura ás Escuras" da hora de ler, que tanto nos gustan. Compartir cos compañeiros e compañeiras a luz das lanternas e gozar da festa escoitando a música polos corredores coa decoración destas datas, foi do máis emocionante. Agora esperamos con moito entusiasmo o Magosto e o Día do Peón.
Bo Samaín!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario