2.10.19

COMEZAMOS COA "MOCHILA VIAXEIRA"


A "Mochila Viaxeira" permite á biblioteca escolar, e aos titores e titoras, o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.
Cada mochila contén información, normas e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado e familias poderán debuxar, facer comentarios e suxestións.
Os libros que aporta este ano para 1º son de interese polos contidos que tratan e a novidade dos mesmos. 
As nosas mochilas recolléronnas Martín de 1ºA e Lucía de 1ºB
Esperamos a vosa colaboración lendo cos nenos e as nenas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario