14.6.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 15 ATA O 19 DE XUÑO E PARA VERÁN

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 15 ata o 19 de xuño.

En Matemáticas remataremos o Tema 12, deixando páxinas sen facer que traballaremos o vindeiro curso. 

En Lingua Castelá faremos parte do tema 12 e para a próxima semana podedes continualo  ata rematalo, 

 LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza podedes continuar cas fichas ata rematalas.

 E as materias de Valores e Plástica xa as rematamos ata o curso próximo.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog.

ACTIVIDADES PARA AS VACACIÓNS DE VERÁN

RECURSOS EDUCATIVOS: Preparamos una serie de recursos, para que mediante xogos fagan repasos de temas que fomos traballando durante estes meses. Igualmente tedes moitos recursos á vosa disposición en "Pescuda aquí"na columna lateral esquerda do blog.




Tamén dispoñedes de Recursos Educativos no Couceiro Orienta que tedes na cabeceira do blog  e dos que destacamos:

REMATAMOS AS ACTIVIDADES SEMANAIS DE 1º

Coas actividades desta semana, rematamos un período de tres meses que comezou o 14 de marzo e que finaliza o 19 de xuño. Meses de esforzo nos que nós, como titores, e todo o profesorado especialista, tratamos de continuar o proceso de aprendizaxe, mediante un plan de traballo semanal que evitara, na medida do posible, o problema de non ter as clases presenciais. 

Grazas pola vosa axuda, imprescindible para que os nenas e nenas non perderan  o ritmo de traballo nin as rutinas de estudo. Agora é tempo de que saían e gocen das vacacións, que compartan coas súas amizades e traten de pasar páxina do tempo de confinamento, que abordaron como auténticos campións e campioas.

Unha aperta da nosa parte, esperando que cheguen tempos onde poidamos gozar de momentos tan felices coma estes.



 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e bo verán!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario