O COMPAÑEIRISMO
O compañeirismo trata de valores como o respecto cara aos demais e en concreto cara aos compañeiros/as de clase. A importancia colaborar e cooperar os uns cos outros para conseguir resultados maiores. E a importancia de poñer en práctica a solidariedade no día a día, inculcando ao alumnado a que axude e apoie sempre que estea na súa man.
LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
O VALOR DO COMPAÑEIRISMO
Os verdadeiros amigos/as son os/as que nas alegrías están contigo cando os/as chamas e nas tristezas están contigo sen que os/as chames.
Ter ou recordar a un amigo/a fará que te sintas máis contento/a.
EXPRESIÓN ESCRITA:
-Agora podes facer un debuxo do teu grupo de amigos imprimindo a seguinte ficha. Se non tes impresora, podes facelo nun folio.
EXPRESIÓN ORAL:
Observa o seguinte debuxo e contesta oralmente as preguntas.
- Explica por que cres que estes/as nenos/as son amigos/as?
- Di tres actividades que che gustaría facer cos teus amigos/as?
- Destes obxectos que ves na lámina, cales prestaches ultimamente aos teus compañeiros/as?
- Di outros obxectos que tamén lles prestaras algunha vez?
VÍDEOS
-O valor do compañeirismo.
-Neste vídeo ademais fainos unha reflexión sobre o compañeirismo e valores que se aprenden.
Valores que se aprenden neste curto
- Este curto ensínanos que actuando XUNTOS podemos solucionar facilmente os problemas que actuando por separado.
- Ademais ensínanos que o COMPAÑEIRISMO é necesario para que unha clase funcione ben e todos/as esteamos a gusto.
- E que o máis importante é ser AMABLE e RESPECTUOSO cos teus compañeiros/as para axudarnos os uns aos outros.
- O neno abre a súa caixa do almorzo pero non ten nada no seu interior.
- Cando volve a clase, descobre que cada compañeira/o deixou un anaquiño do seu almorzo na súa caixa. Xa pode almorzar.
- Un neno está na súa clase e soa a campá. É a hora do almorzo.
- Entón decide saír da clase, dar un paseo e bebe auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario