7.6.20

ACTIVIDADES SEMANA DO 8 ATA O 12 DE XUÑO. ENTREGA DO MATERIAL ESCOLAR DE 1º

Estimadas Familias:

Seguidamente anotamos as actividades programadas para a semana do 8 ata o 12 de xuño.

En Matemáticas iniciaremos o Tema 12.

En Lingua Castelá e en LinguaCiencias Socias e Ciencias da Natureza, continuaremos ca 3ª parte do tema 11.

Traballando Valores en tempo de confinamento, inicia a 2ª parte de: “Habilidades Sociais.” 

 E en Plástica traballaremos: "Facemos un Cómic.

As actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, están dispoñibles na cabeceira do blog.

 Para acceder a todo o material publicado anteriormente durante o confinamento, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog. 


RECOLLIDA DO MATERIAL ESCOLAR DE 1º

Os días luns 8 e martes 9 de xuño, estará dispoñible para no corredor principal do colexio, o material escolar deste curso. O resto dos días xa corresponden a outros grupos, así que é importante que se desexades recollelo, veñades nesas datas en horario escolar.

Pode facer a recollida calquera familiar ou persoa asignada pola familia. As familias que teñades máis dun fillo no colexio, recomendamos que veñades un único día (o último de entrega dun deles). 

Para a entrada no centro será preciso acudir con "mascarillas", mantendo as medidas de hixiene e distancia de 2m., co fin de garantir a seguridade de todos e de todas.

 A recollida farase solicitando a presenza da Titora ou o Titor e entrando no colexio unha persoa de cada vez. 

Lembrade traer os libros que levaron nenos e nenas, como préstamo da biblioteca, o día que veñades á escola a recoller o material. Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes os libros.

 Calquera dúbida ou comentario, podedes escribirnos por Abalar Móbil, ou aos nosos correos:

1ºA:   primeirocicloa@gmail.com 
                                           
1ºB:  primeirociclob@gmail.com 

Saúdos e moito ánimo, que xa falta pouco!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario