Estimadas Familias:
Seguidamente vos aportamos as actividades programadas para a semana do 20 ata o 24 de abril.
En Matemáticas repasaremos o Tema 10 do libro, na parte correspondente ao Reloxo Dixital, con vídeos educativos para poder facer as tarefas correspondentes e así rematar o tema. A vindeira semana, fortaleceremos os coñecementos adquiridos mediante o repaso trimestral do segundo trimestre.
En Lingua Castelá e en Lingua, Ciencias Socias e Ciencias da Natureza, continuaremos o Tema 9 mediante fichas de repaso.
Todas as materias dispoñen de actividades específicas de: Comprensión Lectora que inclúe unha parte de vocabulario e Comprensión e Expresión Escrita con ditados ou problemas. Deste xeito tratamos de cubrir os diferentes aspectos que desenvolvemos a diario nas clases presencias.
Esta semana incluímos " Traballando Valores" enfocados cara a unha reflexión sobre o confinamento no que nos atopamos e que tan difícil é para os nenos e as nenas.
Todas as entradas do blog das semanas anteriores teñen vídeos educativos que podedes repetir como repaso dos temas. Para acceder a todo o material, premede CORONAVIRUS na cabeceira do blog e podedes ver o publicado durante o confinamento
Unha novidade importante é que, a partires de agora, as actividades das especialidades: Educación Física, Inglés, Francés, Música e Relixión, estarán dispoñibles na cabeceira do blog. Premendo en cada nome abren os seus blogs e así tendes acceso ás súas publicacións. Igualmente engadimos vínculos á páxina web do colexio, ao blog da biblioteca e ao do departamento de orientación
Podedes dirixirvos ao voso titor ou titora, ante calquera dúbida ou comentario, escribíndonos por Abalar Móbil mediante unha mensaxe, garantindo a vosa privacidade, ou ao noso correo primeirociclocouceiro@gmail.com
Saúdos e moito ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario