19.4.20

TRABALLANDO VALORES EN TEMPO DE CONFINAMENTO

Le e fai unha reflexión sobre estes tres valores que nos axudan na convivencia e logo podes ver o vídeo  do Galo Quirico que ía a voda do tío Perico e polo seu mal comportamento, acabou nunha pota.
Remata a actividade facendo un debuxo sobre o que che inspirou a lectura.

Responsabilidade: Facer tarefas na casa que axuden a convivir en familia, especialmente mentres estamos confinados sen poder saír. Cumprir coas actividades escolares mentres estamos na casa e non esperar a que me obriguen a facelas.

Respecto: Expresarse correctamente e con amabilidade, dirixíndose aos outros con palabras e xestos agradábeis, coma un sorriso, sempre facilitan o entendemento. Non uses alcumes nin palabras ou expresións molestas que poidan ferir a outros. Nestes tempos nos que sempre estamos na casa coa nosa familia, é aínda máis importante que respectes aos que viven contigo e que non discutas por calquera cousa. Pensa que todos teñen tan difícil, coma ti, permanecer pechados sen poder saír.

Puntualidade: Estar organizado para facer as cousas, de xeito que respectemos o tempo establecido para: comer, ir para a cama ou facer as tarefas escolares. Aplaudir ás 8 da noite para recordar as traballadoras e traballadores sanitarios que coidan de nós contra o coronavirus, tamén é un xeito de ser puntuais e amosar respecto polas normas e polos demais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario