O RELOXO DIXITAL:
Esta semana continuaremos co reloxo dixital no tema 10.
LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA:
Libro Matemáticas 1, 2º Trimestre: Ler e comentar a ilustración na páxina 132 onde se explica as partes dun reloxo dixital.
É importante indicar que o número ou números que representan as horas están situados á esquerda, e despois dos dous puntos veñen os minutos.
Destacar que no reloxo dixital a hora en punto está representada por dous ceros (00) e a media hora polo 30, que indica 30 minutos.
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA:
Facer: "El reloj digital" actividade 1 da páxina 132 e toda a páxina 133 e o Repaso da Unidade nas páxinas 134 e 135
Na actividade 3 da páxina 133 é mellor que debuxen as agullas dos reloxos analóxicos de diferentes cores para facilitar a súa identificación. Faremos a agulla da hora vermella e a dos minutos en azul. Do mesmo xeito, no reloxo dixital os números da hora en vermello e os minutos en azul. Se non tendes estas cores na casa, elixide outros, e se non tedes cores, que o fagan co lapis.
Problema:
Elixir a resposta correcta, despois de ler atentamente os enunciados.
Irene tiene en su casa 4 relojes de pulsera y 3 despertadores. Ainhoa tiene un reloj de cocina, un reloj de cuco en el salón, 2 tabletas y 3 relojes de pulsera.
– Irene y Ainhoa tienen los mismos relojes.
– Ainhoa tiene más relojes que Irene.
– Entre las dos tienen 12 relojes.
VÍDEOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario