Preme na imaxe (Real Academia Galega) |
A Real Academia Galega (RAG) dedica o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 - Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
RETO DAS LETRAS EN PRIMEIRO!!
Para participar nesta celebración, vos propoñemos un reto:
- Facer un debuxo deste escritor tan importante para Galicia.
- Facervos unha foto debuxándoo ou co voso debuxo.
RETO DAS LETRAS GALEGAS DE (Nome e apelidos)
1ºA: primeirocicloa@gmail.com
1ºB: primeirociclob@gmail.com
Todo o material o iremos publicando no blog. Animádevos a participar!!
Aquí vos deixamos unhas caricaturas para que vos axuden a inspirarvos.


O profesor ferrolán, foi unha das figuras máis relevantes da cultura galega e participou activamente na recuperación da nosa lingua.
Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.
Entre as súas obras máis relevantes están a Historia da literatura galega contemporánea (1963) e a Gramática elemental del gallego común (1966), manuais imprescindibles para varias xeracións de estudantes de lingua e literatura galegas. Na creación literaria, destacou coa súa novela Scórpio, Premio da Crítica de 1987.

Preme na imaxe (Bibliocouceiro)
A biblioteca publica este ano moitas cousas de interese para celebrar este acontecemento tan importante. Non deixedes de ver e o libro dos Bolechas e o traballo feito polo alumnado de 6º.
Premede na imaxe anterior e xa estades en Bibliocouceiro.
Para ir facendo boca, xa vos adiantamos un conto que vos vai encantar
Tamén no blog de Orientación, tedes diferente material moi interesante.
![]() |
Preme na imaxe (Couceiro Orienta) |
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario