LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA
Lectura do conto: "A pega e o lobo".
Na fraga do Vicaño, Na pola máis alta do grande carballo tiñan o seu niño unha pega e as sete peguiñas. Alí vivían felices ata que un día chegou un lobo grande coma un mundo e máis malo có demo. E como o lobo cheirara as peguiñas, achegouse onda o carballo e berrou con todas as forzas:
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
Así ouveou o malvado lobo mentres abaneaba a árbore con toda a súa forza, ata que a pega moi asustada botoulle unha peguiña que o lobo papou dun bocado antes de que caera ao chan e logo marchou para a súa cova.
Pero ao día seguinte o conto volveuse a repetir.
-Peguiña deste pegal, dásme unha peguiña?, dás?
-Non che darei non, que as miñas peguiñas, miñas son.
-Escarrapíchate meu rabo e tira con este carballo!!!
E así cada día ata que no niño só quedaba unha peguiña.
Pero naquela ocasión cando o lobo volveu a fraga, de detrás do carballo saíu o leñador que o estaba agardando cun caxato na man e que bateu no lombo e no bandullo do animal ata que saíron para fora as peguiñas que marcharon voando para o seu niño, e o lobo doente liscou a todo correr e nunca máis voltou polo Vicaño.
-Vocabulario:
- Pega: urraca (pájaro).
- Fraga: Monte con moita vexetación.
- Carballo: roble (árbol).
- Niño: nido.
- Demo: demonio.
- Cheirara: había olido.
- Achegouse: se acercó.
- Ouveou: aulló.
- Papou: comió.
- Caxato: bastón
- Lombo: espalda.
- Bandullo: barriga.
- Liscou: marchó.
1.- Responde oralmente as seguintes preguntas.
-Como se chama a árbore onde ten o niño a pega?
-Como era o lobo?
-Como se chama a fraga?
-Quen saíu de detrás do carballo e que levaba na man?
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA
1.- Copia e fai un debuxo do poema " A primavera xa chegou" de Abel Caballero
1.- Copia e fai un debuxo do poema " A primavera xa chegou" de Abel Caballero
A primavera xa chegou,
marcha o frío, chega o sol,
as flores van espertar
e as paisaxes debuxar.
Xa chegou, déixate levar.
Sínteo e ven gozar.
Os ríos e montes cantarán,
os días máis longos notarás,
sinte a brisa ao pasear
co seu perfuma natural.
4.- Ditado.
-A princesa vivía nunha choupana.
-O cabaleiro loita co dragón.
-Na festa xuntouse toda a familia.
-Vocabulario
- Choupana: cabana.
- Loita: pelexa (pelea).
- Xuntouse: reuniuse.
EXPRESIÓN ORAL
1.-Observa a seguinte lámina, onde fala sobre o tipos de plantas.
2.- Fíxate nos talos destas plantas e dí cal deles é unha arbore, un arbusto ou unha herba.
3.- Relaciona cada tipo de árbore co seu tronco.
4.-Na seguinte lámina vas aprender cales son as estacións do ano e as súas características.
5.- Le e dí oralmente cal e verdadeiro ou falso.
VÍDEOS:
Vídeos sobre as partes e os tipos de plantas.

Vídeos sobre o tempo atmósferico e as estacións do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario