Neste taller de experiencias de Anaya, nos presentan como facer un ábaco, destacando a Ada Lovelace, filla de Lord Byron e nacida en 1815 (século XIX), que descubriu unha máquina para facer cálculos matemáticos e foi a precursora da programación informática.
Lembrade o ábaco que utilizamos na clase para contar e facer números.
No vídeo presentan números con centena que non tendes que traballar, pois inda estamos aprendendo as decenas e tampouco as sumas levando, que quedarán para aprender o curso próximo. O interesante é ver como se poden facer ábacos con cousas sinxelas que tendes na casa e representar números ata 89.
Mirade o exemplo de máis abaixo. No primeiro ábaco diríamos: 23 son 2 decenas e 3 unidades
Anímate a desenvolver esta actividade que resulta moi divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario